miércoles, 14 de septiembre de 2016

Copa Xunta

Superti A Pontenova 5-2 Guitiriz.
Victoria moi traballada e sufrida polos nosos. O quintento titular estaba formado por César (13) C; Catalín (10), Diego (12) Paulo (7) e Miguel (11). O partido arrancaba con maior protagonismo do equipo local, as ocasións chegaban pero non acababan de materializarse. Nun lanzamento do Guitiriz nunha falta indirecta logo dunha cesión chegou o gol, despois de que César parase o disparo o rechace quedou favorable para que os visitantes abrisen o marcador. Logo dese gol o equipo dirixido por Arcadio tirou de orgullo e ganas, presionando en toda a pista para remontar antes do descanso, cousa que non podería ser. Ao rematar os 20 primeiros minutos, o Guitiriz quedara mermado físicamente xa que a alta presión dos locais e tamén a amplia rotación xerou moito desgaste nos amarelos. O Superti mandaba nas ocasións e na posesión pero o gol non chegaba en cambio os visitantes en tres chegadas a portería ían gañando o partido, temporalmente.
Arcadio, actual entrenador, anos atrás
 Logo do descanso o quinteto estaba formado por César (13) C. Catalín (10), Diego (12), Miguel (11) e Iago (8). A segunda metade arrancaba da mesma maneira, os nosos presionaban a toda pista e rapidamente chegaría o primeiro gol, logo dunha xogada moi trenzada polos nosos Iago filtraría un balón entre líneas, Catalín deixaríao pasar e Diego, logo de ganarlle a espalda ao defensor, anotou o empate por debaixo das pernas do porteiro. O gol deu moita ilusión e esperanza ao equipo, o que faría ir a polo segundo, e non tardaría en chegar. Iago logo de facer un gran regate ao seu defensor, anotaría o segundo dende unha longa distancia. O terceiro tampouco tardaría en chegar, xa que Diego, logo dunha xogada trenzada, anotaría o terceiro chegando ao segundo poste. Os verdinegros seguían peleando para intentar aumentar a vantaxe, a cal chegaría a falta de oito minutos para rematar o partido, Paulo estrenaríase logo dunha gran xogada individual. O equipo local decidiu frear a alta presión e mover o balón, pero nunha recuperación de Catalín no medio da pista, Diego recibiría solo, realizando unha parede larga con Miguel, o cal poría o balón manso para que o número 12, con un control orientado deixar sentado o porteiro. O partido xa estaba acabado, a falta de dous minutos, o Guitiriz estaba morto físicamente, pero nun despiste defensivo dos nosos anotarían un gran gol por riba de César, a falta de poucos segundos para a conclusión.
No partido tamén participaron Manuel (5), Fidel (9), Jesus (6) e Kevin (3).
O seguinte encontro terá lugar o Domingo as 13;00 na casa, partido de liga fronte o Sala Ourense.
·

No hay comentarios:

Publicar un comentario