domingo, 18 de septiembre de 2016

Primeira Victoria

Apasionante partido de domingo no Municipal. O Superti A Pontenova venceu por 6-2 ao Sala Ourense nun partido de infarto.
Os locais salían o encontro con Cesar (13) C, Catalín (10), Paulo (7), Iago (8) e Miguel (11).
Partido do ano pasado fronte ao Vigo, seguinte rival
O partido arrancaba forte, con moita intensidade e tamén con moitos minutos de tanteo sen arriesgar pero polo minuto 15, antes de completar a primeira rotación no equipo pontenovés, Iago Cata e Diego trenzarían unha xogada que acabaría anotando a primeira incorporación. O Sala Ourense soupo reaccionar  e empatou nun despiste defensivo. Logo duns minutos Miguel puxo un balón medido a espalda da defensa para que Catalín, por riba do gardamenta puxera o 2-1 no marcador. Logo desta xogada houbo un tempo morto no cal descifraron a maneira de vencer a este equipo ao reanudarse o partido chegaría a xogada do partido. César no de deter un pase cara o segundo pau, montaría a contra. un tres contra dos no cal lodo de facer un pase de fantasía con caño incluído deixaría a Catalín de novo con un mau a mau e desta vez por abaixo lograría poñer o 3-1. O momento dulce que pasaba o equipo non acabaría ahí xa que logo dun rechace dunha xogada de estratexia Paulo, dende fora da área poría o 4-1 a favor dos locais. O Sala Ourense seguía elaborando dende atrás, sen montar ninguna contra, quizáis porque os pupilos de Arcadio replegaban rapidamente. Pero noutro despiste defensivo o equipo visitante lograría por o 4-2 resultado co cal se chegaría o descanso. O partido reanudábase cos mesmos protagonistas por parte do Superti, a intensidade baixara un pouco pero ainda así seguía a ser alta. As xogadas chegaban, menos comparadas coa primeira parte pero víase que os nosos tiñan ganas de anotar máis goles e así foi. Diego nunha contra perfecta na que interviñan todos os integrantes que había na pista lograría o 5-2 e Paulo nunha xogada individual cara ao final do partido poría o definitivo 6-2.
Declaracións de Arcadio, entrenador; "Encantado co traballo e co compromiso do equipo, somos unha plantilla moi competitiva o que nos fará manternos arriba, ainda así hai moito que mellorar e tou confiado de que o podemos facer mellor. Na casa era importante empezar ben para coller confianza, xa que todos os inicios son moi complicados pero o noso ainda máis xa que non tivemos a toda a plantilla ata o final da pretemporada. No Municipal temos que perder os menos puntos posibles, xa que coñecemos ben a pista e eso e un punto a favor. Ahora toca pensar no Vigo, seguinte rival, xa que fora da casa tamén temos que intentar gañar.
Declaracións de Siño, entrenador do filial que estaba presente no inicio ligueiro dos nosos;"Gran partido, destacando o gran compromiso e intensidade mostrado por todos os xogadores, vexo cousas que había o ano pasado e que fixeron que este equipo pelease por gañar a liga, sen dúbida a temporada promete.
O seguinte encontro será en Vigo o sábado fronte o Coruxo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario