miércoles, 31 de enero de 2018

ACD Os Fornos Superti 2-3 Samos

Este pasado domingo disputouse no Municipal da Pontenova a décimo terceira xornada da Primera Provincial, liga na cal milita o noso filial. Ás doce e media arrincaba un encontro que prometía moito para os locais, a racha de derrotas, e a falta de puntos para pelear polos postos altos da clasificación eran os motivos polos que veríamos un gran partido. Siño, deunos a súa opinión respecto ao encontro pasado;
"O comezo do encontro foi reñido, saímos moi concentrados e metidos no partido, queríamos cortar os malos resultados que se viñan dando. Froito desa solidez logramos adiantarnos nomarcador, gol moi xusto xa que todas as ocasións corrían a conta nosa. Logo dunha desafortunada acción os visitantes conseguiron o empate que logo dun golpeo dende larga distancia, o balón pasou por debaixo de varias pernas, golpeou o traveserio e volvería a tocar no noso poteiro antes de entrar.Logo de esa acción, totalmente desafortunada, viñemonos a baixo,  e pronto encaixaríamos o segundo. O Samos aprobeitou un gran erro noso para adiantarse no marcador. Este segundo gol serviu de reactivo para os nosos rapaces, xa que poucos minutos despois lograríamos o empate (2-2) resultado co cal se chegaría ao descanso.
Na segunda de metade vimos máis do mesmo a posesión estaba no noso poder, pero non fomos tan incisivos como na primeira metade, tivemos máis imprecisión pero apenas conseguimos ocasións de gol. Ata que logo dun disparo en semifallo meteron o terceiro gol e non fomos quen de conseguir polo menos o empate.
Temos que seguir traballando como neste encontro, porque en algún momento supoño que nos tocará ter esa pizca de sorte para acabar levandonos algún punto"
O seguinte encontro do filial será en Mondoñedo, contra o último clasificado: " Visitaremos unha das mellores pistas da liga, contra un equipo que, independientemente da clasificación, púxonos as cousas verdadeiramente ben complicadas na Pontenova. Debemos realizar un moi bon encontro para sacar algo positivo este sábado".

No hay comentarios:

Publicar un comentario