miércoles, 31 de enero de 2018

CP Casás 3-5 Superti A Pontenova

Fai catro días enfrontábanse no Municipal duas dinámicas diferentes; o equipo local ( Casás ) no límite cos postos de descenso buscaba puntuar para ampliar esa marxe. O equipo visitante, CD Rececende, buscaba encontrarse coa victoria, logo de saír derrotado contra o líder. "Era importante comezar a segunda volta gañando, contra un rival que nos fixo sudar moito no noso campo ata o punto de arrincarnos un empate"-Manifestaba un dos capitáns do equipo mariñán.
O noso adestrador adicounos a súa opinión respecto a xornada pasada:
"O encontro foi moi disputado, no que o equipo local adiantouse no marcador cun gol de Adrián Fernández, logo dun desaxuste defensivo no minuto 12 da primeira metade. Nos soubemos reaccionar ante ese gol, pouco tempo despois conseguimos empatar, logo dunha gran contra rematada por Iago Fariñas.
Logo do 1-1 fumos nós quen nos sentimos máis cómodos, collimos esa confianza que se viu en varios encontros, e en poucos minutos conseguimos poñernos 1-3 no marcador, con goles de Iago  Fariñas e Cascudo. Dende o primeiro gol o equipo soltou esa ansiedade e viuse reflexada nas ocasións de gol e na posesión de balón, motivadas tamén polo baixón do equipo local. O resultado ao descanso sería ( 1-3).
Xa na segunda metade tivemos unha doble ocasión de xogada de inicio pero o equipo lcense crearon moito dano en xogadas de estratexia tanto de bandas como de saques de esquina, e nós beneficiándonos das posibles perdas de balón con rápidas salidas a contra.
O resultado final foi (3-5) a favor noso, donde cara o final do encontro o partido puidose complicar moito dado que a falta de pouco máis dun minuto sufrimos a expulsión de Paulo, deixándonos con tres xogadores na pista e co Casás xogando con porteiro xogador, pero a boa defensa do noso equipo fixo que deixásemos o marcador nas mesmas condicións  ca antes da expulsión do noso pívot"
O seguinte rival para o Superti será o Vilalba, na Pontenova, mentres que os visitantes viaxarán a Santiago para enfrontarse ao Santiago.
Goles do Superti a Pontenova: Iago Fariñas (2) Diego Cascudo (2) Catalín (1)
Goles do CP Casás: Adrián Fernández (1) Pablo Seijas (1) Julio Alberto Arias (1).

No hay comentarios:

Publicar un comentario